Archivo de la etiqueta: fotografía

A Asociación Fotográfica «O Potiños» inagura este venres unha exposición

“GALICIA E GALEGOS” é a exposición colectiva que presenta a Asociación Fotográfica O Potiños para o Outono Fotográfico 2014. Será inagurada o día 6 as sete da tarde no auditorio municipal do Carballiño, e poderase visitar todos os Venres, Sabados e Domingos do mes de Febreiro de 19:00 a 21:30

“GALICIA E GALEGOS”

Na percura da identidade escarvamos nas nosas raíces:

cos pes descalzos arredor dunha vieira sentimos a alma fonda da Galicia milenaria que late na pedra espida da Praza do Obradoiro, meta do Camiño de Santiago e corazón da Terra Galega;

o lume da lareira mergúllanos no sangue dos nosos devanceiros; avós e netos xunguidos polo fío da vida no latexo do silencio;

una vella camiña firme e decidida cara o souto, onde a agardan as castañas eternas;

una moza loira toca a gaita nas ruínas dun mosteiro, escóitase o son das meigas;

una rapaciña nova voa polo Castro de San Cibrán de Lás;

un neno mira, una moza voa nas Illas Cíes;

duas neniñas aprenden a ser peliqueiras;

una muller pasa as contas dos recordos nun recanto da súa horta, mentres outra está fiando;

o mar, a terra, e no medio una muller: a marisqueira;

e no interior aparecen os labregos, segando a herba, ou arando as leiras;

festas, feiras, romerías… música, entroido, … e como paisaxe de fondo sempre o verde, o paraugas , a luz pelexando coa néboa pecha.

E topamos tamén a alteridade: nos milleiros de peregrinos que camiñan cara Compostela, e tamén dentro de nos mesmos, nesa parte nosa interior que descoñecemos e que moitas veces nos sorprende.

Atopamos esa foto creada pola luz, esa imaxe que nos devolve o espello …

Pero aínda nos quedan moitas cousas fora do encuadre: a Galicia industrial, moderna, urbana, tecnolóxica …
Quedan cousas para facer mil exposicións máis. Pero, de momento, esta é a nosa proposta: Galicia e galegos, identidade e alteridade, luces e sombras, maxia e misterio …

Manuel Blanco presenta o seu traballo «A miña pequena Mercería»

Manuel Blanco, tamen conocido na vila como «Manolo Celta», ven de inagurar na Casa da Xuventude de Chantada parte da sua obra, dentro do Outono Fotográfico esta exposición que el titula «A miña pequena mercería» na que retrata obxetos que a cotiá nos pasan a diario por diante nosa, pero non nos percatamos.

Compre destacar que dita mercería con una longa historia no comercio de O Carballiño ven de pechar as suas portas fai uns poucos días.  Máis info….

Ver Entrevista

Seguir leyendo Manuel Blanco presenta o seu traballo «A miña pequena Mercería»