Conferencia «Aprender a Educar»

El próximo jueves 26 de mayo a las 20h en el Auditorio de Carballiño (Avenida do Balneario), se celebrará una conferencia a cargo el coach Pedro García Aguado y Francisco Castaño Mena.

c81d456a-fb5b-48d6-bbc9-581bf988e9f7


La conferencia forma parte del proyecto APRENDER A EDUCAR, liderado por Pedro García Aguado y Francisco Castaño y presentarán su último libro APRENDER A EDUCAR 2: Casos prácticos para evitar el mal comportamiento y el fracaso escolar.

La buena educación no es solo la que ahorra problemas, sino la que hace de tu hijo una persona feliz capaz de afrontar la vida con seguridad y confianza porque se le ha proporcionado las herramientas y los valores necesarios para ello. Los chicos que han recibido una educación inadecuada suelen ser inseguros, impulsivos y tener una baja autoestima. No se sienten capaces de afrontar los retos que les presenta la vida y suelen reaccionar con apatía, victimismo, ataques de furia y conductas de riesgo (alcohol, drogas, sexo), que no hacen más que ampliar la brecha entre ellos y el resto del mundo. Ante el hecho de que estos casos son cada vez más habituales, con Aprender a educar 2 se quiere ayudar a los padres a dotarse de mejores herramientas y así prevenir muchos problemas de la adolescencia.

Aprender a educar 2 proporciona consejos sencillos y prácticos que se alejan de las teorías abstractas: enseña el poder que puede tener un NO en el momento oportuno; muestra los beneficios de establecer unas pautas de comportamiento básicas y claras a la vez que demuestra la importancia del refuerzo positivo.
Y lo más importante: enseña cómo hacerlo a través de algunos de los casos con los que los autores se han encontrado a lo largo de sus carreras.

Moito Conto – Teatro – Auditorio Municipal

Espectáculo familiar «Moito Conto» da compañía Redrum Teatro que terá lugar no Auditorio Municipal do Carballiño, este domingo 15 de Maio ás 12.00 h. 

Trátase dunha adapatación musical de Hansel&Gretel para rapaces a partir de 5 anos que trata de educar e concienciar en valores de respecto do medio ambiente e hábitos alimenticios saudables. 

Está protagonizada polos coñecidos actores Mónica García, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa baixo a dirección do lalinense Alex Sampayo.

moitocontocartel

 

 

Na nosa páxina web podedes acceder a toda a información do espectáculo:

www.redrumproducciones.wix.com/moito_conto

OURENROCK SOUND FESTIVAL – 3 e 4 XUÑO 2016

a6 ourense rock b

Na cidade de Ourense nace un novo festival, o OurenRock Sound Festival, que a “Cidade dos muchachos”, ou tamén coñecida como Bemposta, acollerá os vindeiros 3 e 4 de xuño. 

O OurenRock Sound Festival chega con 13 bandas coas que se proporcionará unha gran dose de Punk, Ska, Rock, Metal e Reggae.

Ademáis disto, conta con:

  • Acampada gratuita
  • Bus lanzadeira
  • Postos de comida
  • Mercadillo
  • Talleres de alfarería
  • Sesión vermouth
  • Charlas
  • Proxección da webserie PIB – Producto Interior BRUTO
  • Transporte ata o recinto con Festymas
  • Parking gratuito

…E todo por 16€ anticipada, 20€ en taquilla! Un festival 100% galego e con apoio completo á escea galega!

 

PUNTOS DE VENTA ONLINE: VENTA ONLINE

PUNTOS DE VENTA FÍSICOS:

OURENSE: Peggy Records, Faíscas, Bar Chiripa

ALLARIZ: Fandiño Tapas

VIGO: Tipo Vigo Música Tattoo Piercing

SANTIAGO: A Reixa Tenda

A CORUÑA: Cazuza Orzán, Discos Portobello

LUGO: Don Disco

OFICINAS DE CORREOS DE TODA ESPAÑA

 – VENRES 3 DE XUÑO

Costas – Os Festicultores – AcidProyect – 80 Voltios – Bergallazo – Bababoom Soundsystem

– SÁBADO 4 DE XUÑO

Heredeiros da Crus – Dakidarría – Terbutalina – Superoito – Arrhythmia – Konflikto – Xituma Batuke

Web,  FacebookTwitter

Contacto para máis información: Correo Electrónico

Unión de Consumidores de Galicia persóase como acusación popular no procedemento xudicial da hepatite C

A Unión de Consumidores de Galicia ven de persoarse como acusación popular no proceso xudicial no que están a ser investigados dous cargos da Consellería de Sanidade da Xunta cos supostos atrasos na prescrición de medicamentos a pacientes con hepatite C.

Esta organización entende que o feitos investigados afectan a un dereito tan fundamental como é o dereito á saúde e o acceso ós tratamentos axeitados; e que a súa intervención, como parte acusadora neste caso, está plenamente xustificada ao tratarse dun caso no que se verían afectados os dereitos dos usuarios e usuarias do servizo público de saúde do noso país.

Como asociación de consumidores representativa en Galicia, UCGAL posúe a lexitimación necesaria para o inicio de accións legais para a defensa dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias. Nun eido tan relevante como o da saúde e en relación cuns feitos de tanta transcendencia, a decisión de persoación resulta obrigada.

O xogo sucio da banca

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) quere alertar ás persoas consumidoras das insistentes prácticas que as entidades financeiras están intensificando nos últimos meses, como intento de paliar os efectos da retirada das cláusulas chan e a previsible restitución das cantidades cobradas en aplicación dun tipo de xuro mínimo.
Esta alerta xustifícase no significativo aumento de consultas que esta organización está a recibir de usuarios con préstamos hipotecarios asinados con cláusulas chan, nas que se manifesta a insistente presión de directores das entidades financeiras co fin de que asinen un acordo de novación das súas hipotecas sobre a base dun tipo fixo xunto coa renuncia a emprender ou continuar calquera acción legal da que dispuxesen ou exercitaran.
Estes feitos sitúanse nun contexto no que as organizacións de consumidores e usuarios están á espera da resolución do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que entrará a valorar a retroactividade dos efectos da declaración de nulidade das chamadas cláusula chan, que previsiblemente obrigará ás entidades a restituír as cantidades desde a sinatura da hipoteca.
A Unión de Consumidores de Galicia quere recordar aos consumidores que está a súa disposición para informar e traballar na defensa dos seus dereitos en canto á recuperación das cantidades aboadas de máis aos bancos en aplicación dun limite mínimo ao tipo de xuro que se recolle nos seus préstamos.
O pasado 14 de abril, publicouse unha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE, declarando que os consumidores non poderán ver limitados os seus dereitos nos supostos de interposición de reclamacións individuais.
UCGAL insiste en que as persoas que teñan unha hipoteca que inclúa unha cláusula chan poden plantexar a defensa dos seus intereses e reclamar as cantidades cobradas

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com