La administración de loterías de O Carballiño Loterias Prada.
Castrelo de Miño pon en marcha a iniciativa da Escola de Familias
O Concello de Castrelo de Miño, dentro do Departamento de Servizos Sociais e, en particular, do recente Programa de Educación Familiar, iniciará este mércores día 18 ás 17:30 no Salón de Actos do concello a “Escola de Familias”, unha nova iniciativa que persegue crear un espazo formativo e de encontro entre os pais e nais dos mozos e mozas e dos nenos e nenas de Castrelo para achegar posicións ao redor da educación dos menores no ámbito familiar.
Esta nova iniciativa estruturarase en varias xornadas. A primeira delas, este mércores, terá por temática as normas e os límites para establecer cos menores nas súas relacións cotiás. Véxase, por exemplo, como afrontar situacións ante berrinches, esixencias ou enfados; cuestións todas elas comúns en calquera familia e para as que a educadora familiar propoñerá técnicas para a resolución deses conflitos.
A “Escola de Familias” terá en conta a diversidade de idades das e os mozos de Castrelo dirixindo a iniciativa a todas as franxas de idade e adaptándose, especialmente, a aquelas específicas dos pais e nais que acoden ás sesións. Así mesmo, aquelas persoas que desexen asistir a estas xornadas poden anotarse ou obter mais información acudindo ao concello ou chamando ao 988 493 000.
O Programa de Educación Familiar co que conta o Concello de Castrelo desde hai poucas semanas está subvencionado pola Xunta de Galicia a través do Programa Operativo do Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020 no seu obxectivo noveno, o de “Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”
A cabalgata dos reis magos chegará a Castrelo de Miño o venres 6
Os reis magos chegarán puntuais a Castrelo de Miño o vindeiro venres día 6 ás 17 horas. Cargados de ilusión, de maxia e de agasallos para os pequenos de Castrelo, os reis farán parada no noso pobo coas súas carrozas e acompañados do seu cortexo de paxes, de bo ambiente e de música.
As súas maxestades partirán da ponte en Santa María, pasando por Barral e Prado, ata o colexio en Astariz, onde se atoparán a todos os nenos que esperarán por un agasallo. Ademais, tamén serán merecedores dos tradicionais caramelos, chocolate e rosca de reis para completar a noite máis máxica do ano. Por outra banda, unha delegación de paxes percorrerá as rúas de Macendo para repartir caramelos entre os pequenos que por alí atópense.
O cartel deste ano incorpora un debuxo dun alumno do CEIP de Castrelo de Miño, Esteban González Alonso, de 8 anos, gañador do primeiro premio do concurso do Colexio de Economistas de Ourense de felicitacións de nadal.
Teatro – «Cuento de Navidad» Sabado 15
La Obra familiar «CUENTO DE NAVIDAD» de Dickens, llega a Carballiño este diciembre para hacernos recuperar el espíritu navideño.Disfrutad de una de las más bellas historias navideñas el Sábado 10 de diciembre a las 17hrs en el Auditorio Municipal do Carballiño
Entradas anticipadas a sólo 10 euros en:
– Restaurante Fuchela (Av. 25 de xullo 48 bajo O Carballiño)
– on line en entradium.com/entradas/cuento-en-carballino
– Reservas ☎ 615460405
Revive la magia está navidad en familia!!!
Manifestación en O Carballiño – Sábado día 3 – Eu tamen son Emilio Cao
O vindeiro Sábado día 3 terá lugar unha manifestación de apoio a Emilio Cao victima do acto de pillaxe o que foron sometidos el e 30 persoas máis cando defendían emprego, sanidade e dereitos.
As 12 da maña terá lugar esta protesta para rexeitar a chamada Lei Mordaza e as súas sancións que son cando menos para os salarios españois desmesuradas