Pecha o servizo do GRUMIR en O Carballiño

unnamed
Dende onte este e o aspecto que teñen as dependencias de protección civil en Carballiño, o GRUMIR (Grupo municipal de intervención rápida) xa non está a funcionar, nestes momentos calquera emerxencia que puidera ocorrer tería dificultades para ser atendida rapidamente, xa que dependería da presentación de voluntarios que poden estar en calquer lugar e poden estar ou non dispoñibles.

Os traballadores están desde o día 31 de Decembro sen contrato o que provocou que a día 20 de Xaneiro se deixase de facer as guardias habituais de 24 horas. O responsable da agrupación Juan Miguez, comentaba que e difícil calcular o tempo de resposta que se perderá nesta nova situación, pero o que si e certo e que nas emerxencias ese tempo sempre e vital, máis si cabe nestes momentos de meteoroloxía adversa donde o Luns a maña atopabamos varios coches accidentados con motivo do xeo nas inmediacións da biblioteca municipal.

Cabalgata Carballiño 2015

Os reis Magos Chegaron de Oriente na tradicional Cabalgata, que partiu dende o Templo da Veracruz, para repartir xoguetes a todos os nenos. Este evento arrancou con un espectáculo de fume dende a torre por donde descenderon as suas maxestades. Estes recorreron o treito hasta a praza maior onde foron recibidos por o alcalde que os acompañou o salon de plenos donde os Reis escoitaron as petición dos máis pequenos.

VTelevisión: Chanchulladas do Sergas

Mañana lunes 24 de noviembre en V Televisión a las 22:00 irán DUE (Diplomado Universitario en Enfermeria) y TCAE (Técnico auxiliar de enfermeria) a hablar de las injusticias y chanchulladas que se hacen en el Sergas con los contratos laborales…. Hablarán de las tomaduras de pelo, chantajes y amenazas de la dirección del Sergas hacia l@s trabajador@s.

Manuel Blanco presenta o seu traballo «A miña pequena Mercería»

Manuel Blanco, tamen conocido na vila como «Manolo Celta», ven de inagurar na Casa da Xuventude de Chantada parte da sua obra, dentro do Outono Fotográfico esta exposición que el titula «A miña pequena mercería» na que retrata obxetos que a cotiá nos pasan a diario por diante nosa, pero non nos percatamos.

Compre destacar que dita mercería con una longa historia no comercio de O Carballiño ven de pechar as suas portas fai uns poucos días.  Máis info….

Ver Entrevista

Seguir leyendo Manuel Blanco presenta o seu traballo «A miña pequena Mercería»

Inauguracion “Galicia e Galegos” exposición conxunta de O Potiños para o Outono Fotográfico

“GALICIA E GALEGOS” é a exposición colectiva que presenta a Asociación Fotográfica O Potiños de O Carballiño para o Outono Fotográfico 2014.

Na percura da identidade escarvamos nas nosas raíces:

cos pes descalzos arredor dunha vieira sentimos a alma fonda da Galicia milenaria que late na pedra espida da Praza do Obradoiro, meta do Camiño de Santiago e corazón da Terra Galega;

o lume da lareira mergúllanos no sangue dos nosos devanceiros; avós e netos xunguidos polo fío da vida no latexo do silencio;

una vella camiña firme e decidida cara o souto, onde a agardan as castañas eternas;

una moza loira toca a gaita nas ruínas dun mosteiro, escóitase o son das meigas;

una rapaciña nova voa polo Castro de San Cibrán de Lás;

un neno mira, una moza voa nas Illas Cíes;

duas neniñas aprenden a ser peliqueiras;

una muller pasa as contas dos recordos nun recanto da súa horta, mentres outra está fiando;

o mar, a terra, e no medio una muller: a marisqueira;

e no interior aparecen os labregos, segando a herba, ou arando as leiras;

festas, feiras, romerías… música, entroido, … e como paisaxe de fondo sempre o verde, o paraugas , a luz pelexando coa néboa pecha.

E topamos tamén a alteridade: nos milleiros de peregrinos que camiñan cara Compostela, e tamén dentro de nos mesmos, nesa parte nosa interior que descoñecemos e que moitas veces nos sorprende.

Atopamos esa foto creada pola luz, esa imaxe que nos devolve o espello …

Pero aínda nos quedan moitas cousas fora do encuadre: a Galicia industrial, moderna, urbana, tecnolóxica …
Quedan cousas para facer mil exposicións máis. Pero, de momento, esta é a nosa proposta: Galicia e galegos, identidade e alteridade, luces e sombras, maxia e misterio …

As principais Arterias de O Carballiño en obras

Nestes días os veciños e visitantes de O Carballiño atopanse con máis de unha das vías principais da vila cortadas o tráfico rodado xa que se está a levar a cabo o proceso de asfaltado dos carriles das vías que soportan a maior parte do tráfico rodado.

Tanto a policía local, como membros de protección civil están a colaborar na reordenación do tráfico, procurando que os atascos e problemas para os usuarios das vías sexan os menores, xa que tramos como os da Avenida 25 de Xullo (N-541), están a soportar moito máis tráfico do habitual.

IMG_9834

IMG_9833

IMG_9832

IMG_9830

IMG_9831

IMG_7885

PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com