O PSOE denuncia que no concello de Piñor Xogan as agachadas.

O ALCALDE DE PIÑOR OBSTACULÍZALLE O ACCESO Á INFORMACIÓN ÓS CONCELLEIROS.

Se hai unha constante nestes seis meses que leva á fronte do Concello de Piñor o bipartito conformado polo PP e por VP é a falla de transparencia a a obstaculización do labor de  fiscalización e control que nos corresponde ós concelleiros conforme á lei.

Como mostra diso está a negativa do alcalde a facilitarnos as copias do estado de execución do presuposto cando se trata dunha documentación á que tén dereito de acceso calquera cidadán. Trátase dunha documentación esencial para poder saber como xestiona o concello o  diñeiro que é de todos, saber o que se vai ingresando e o que se vai gastando e en que. Con este comunicado de prensa achegamos a solicitude das copias, a resposta do alcalde onde nos denega as copias -ás que debería poder acceder calquera cidadán- e nos cita para que vexamos unha documentación, cunha gran cantidade de datos numéricos, case un mes despois de tela solicitado pese a que o concello ten que ter eses documentos dende bastante antes de que fixeramos a solicitude. Tamén se achega o recurso que presentamos diante desa comunicación tan arbitraria ou limitadora dos nosos dereitos.

A iso súmase a negativa a poder consultar os expedientes de altas e baixas do servizo de axuda no fogar, algo que nos vimos na obriga de solicitar despois das continuas queixas que nos fixeron chegar os veciños acerca de concesións a dedo dese servizo. As continuas trabas para poder acceder a outros expedientes, chegando a súa desfachatez ata pretender que lle pedísemos permiso para poder acceder ás dependencias do concello.

Ademais de incumplir a Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno tamén incumplen a súa palabra durante a campaña electoral; prometéronlle os veciños que o concello ía ser transparente e ata crearon unha Concellería da Transparencia, que á vista está, deberían de ir pensando en cambiala de nome. Como se ve non tardaron moito os feitos en desmentir as súas palabras.

pinor1 pinor2