NOVA TEMPADA DA RUTA DAS TAPAS

ESTE VENRES COMEZA A NOVA TEMPADA DA RUTA DAS TAPAS CON DEZASÉIS LOCAIS, MÁIS PREMIOS E REBAIXA NO PREZO DOS PINCHOS

A APP «QUEDAMOS DE TAPAS» INFORMA DOS PINCHOS QUE OFERTAN OS LOCAIS HOSTALEIROS PARTICIPANTES

Este venres, 1 de decembro, comeza unha nova tempada da Ruta das Tapas, que contén moitas novedades con respecto ás pasadas edicións. Así, hai máis locais hostaleiros participantes, concederanse más premios, tanto directos como por sorteo, e redúcese o prezo dos pinchos a 1,50 euros. Ademáis, pon en marcha a App QuedamosdeTapas, que se pode descargar para ver nos teléfonos móviles os pinchos que ofrece cada un dos mesóns, bares e restaurantes participantes.

Os locais participantes nesta edicion son Cafetería Roraima, Café-Bar Estate Quieto, Bar Soldado, Casa Pituxo, Café Bar El Caserío, Furancho do Toto, Pulpería-Tapería Plaza, Café-Bar Peñasco, Mesón Os Portales, Cafetería Loft 27, Café-Bar Ningures, Cervecería-Tapería Don Paco, Pulpería-Asador Veracruz, Parrillada San Andrés, Café & Bar Esquina e Pulpería Restaurante Fuchela.

Estes locais ofertarán este venres, 1 de decembro, tapas ao prezo de 1,50 euros (50 céntimos menos que na pasada tempada). A ruta, que nesta xornada está dedicada aos produtos do Nadal, repetirase o venres, 8 de decembro.

Os clientes poderán obter regalos directos como mochilas, mecheiros, bolígrafos portamóbiles, cargadores de móbiles, paraguas, pinchos gratuitos noutros locais, e regalos por sorteo como servizos nos dous balnearios do Carballiño, entradas para os partidos de C.D. Arenteiro e 150 vales de compra nos establecementos do Centro Comercial Aberto por valor de 10 euros cada un. O número total de agasallos é de 2.000.

Francisco Fumega agradeceu a colaboración e implicación do sector hostaleiro nesta iniciativa, dirixida a promocionar a gastronomía do Carballiño e atraer visitantes á vila.

En termos semellantes se manifestaron a xerente do CCA, Noelia Mares, e Cristina Mouriño, representante da adega Pazo Tizón, expresando o seu desexo de que esta edición sexa ainda mellor que as anteriores.

Neste acto amosouse a gran variedade de tapas que se poderá degustar ao prezo de 1,50 euros este venres e o próximo nos locais integrados na iniciativa. Salpicón de mariscos, crema de atún e marisco en follado, bacallau con viño branco do país, lomo recheo con puré e salsa agridulce, vieira ao forno con coliflor e fideua con zamburiñas, son algunhas das propostas destes locais para as primeiras xornadas desta nova tempada da Ruta das Tapas.