latri.ca, a alternativa galega a twitter que se publicou na rede en 2010 e segue en marcha, renova a súa imaxe para adaptarse aos novos tempos sen perder a súa esencia inicial, converterse nunha rede social de galegos e para galegos.
Para iso latri.ca renova o seu aspecto e as súas funcionalidades. Mantéñense as conversas en tempo real, as mensaxes privadas e engádense:
- Novo perfil de usuario, con enlaces ás redes sociais, foto de perfil e foto de portada
- Privacidade nas publicacións, é dicir, podes marcar quen queres que vexa as túas publicacións en latri.ca
- Novos emoticonos galegos exclusivos e orixinais. Iremos ampliando os iconos, emoticonos e stickers con imaxes exclusivas
- Irémosche recomendando xente que pode ser do teu interese.
E algunhas funcionalidades máis que imos ir incorporando aos poucos, entre elas unha aplicación para o móbil.
O que sí mellora notablemente nesta nova versión é a rapidez e usabilidade da plataforma que agora permite publicar videos, fotos e enlaces con moita máis facilidade.
latri.ca nace en 2010 como un proxecto que pretendía converterse nunha alternativa galega a twitter sen o límite de 140 caracteres e cun acento galego que se mantén nesta versión nos seus catro idiomas: galego, castrapo, seseo e geada
latri.ca é un proxecto de estati.co, unha axencia web especializada en marketing dixital que se encargou da renovación, optimización e posta en marcha desta nova versión.