Campionado de España de Remo en Castrelo de Miño

Castrelo de Miño acolleu este domingo o VII Campionato de Fondo Trial de Inverno, o cal se encadra dentro dos Campionatos de España de Remo xunto co de Remoergómetro que se celebrará o día antes en Ribadavia.

En total foron 48 clubs e 283 membros que se disputarán, dentro das tres modalidades, as medallas de Ouro, Prata e Bronce. Os participantes proveñen de distintos puntos do Estado como Andalucía, Galicia, Cataluña, Comunidade Valenciana ou o País Vasco.

O percorrido de 5.500 metros discorreru polas augas do encoro de Castrelo desde as 9 da mañá do domingo ata a unha da tarde, repartidos en tres series. A partir do mediodía foi o momento no cal se procederu á repartición de medallas, que contará coa presenza de, entre outros, o alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez.

Polo que respecta ás instalacións municipais, recibiron aos deportistas, os cales reservaron todas as prazas dispoñibles do Albergue Municipal. O mesmo ocorre coas dependencias nas que se celebraru a reunión de delegados previa ás competicións, onde se atoparon uns 13 xuíces e de 65 delegados.

 

RESULTADOS CAMPEONATO ESPAÑA ERGOMETRO 2017

Resultado Cto España de Fondo 2017