Amazon tarda 7 minutos en incumprir os seus compromisos

UCGAL quere advertir ós clientes e usuarios de Amazon España, sobre todo tendo en conta a proximidade dunha data tan sinalada como o Black Friday, que poñan especial atención ós prazos de entrega dos pedidos que promete a compañía, e que son vinculantes. Esta organización, ven de comprobar o incumprimento, por parte de Amazon, das condicións determinadas dun envío do servizo Premium, un servizo de pago.

Un asociado comprou hoxe, día 25 de novembro, un produto no portal de Amazon facendo uso da súa conta Premium. A data de entrega garantida, segundo o primeiro aviso da empresa, sería ó día

seguinte. Non obstante, menos de oito minutos máis tarde, o noso asociado recibiu o aviso de que a entrega se realizaría ‘posiblemente’ un día máis tarde.

Neste caso concreto, Amazon non só incumpre as súas condicións de envío senón que tamén vulnera os dereitos da persoa consumidora. Tendo en conta que estamos ás portas do Black Friday, data na que os pedidos e as ventas no comercio electrónico se disparan, xorde a cuestión de se Amazon será quen de cumprir con todos os envíos dentro do tempo esixido, unha cuestión que Unión de Consumidores de Galicia dubida seriamente.

Esta organización aproveita para porse a disposición de todas aquelas persoas que sexan vítimas de situacións como a que acabamos de expoñer de cara á consolidación dunha denuncia que xa prepara.