A Nena Que Quería Navegar – Teatro – Auditorio Ourense

Redrum Teatro estrea un espectáculo que loita contra o acoso escolar no Auditorio Municipal de Ourense.

A Nena Que Quería Navegar está protagonizado por Laura Míguez e Guillermo Carbajo e dirixido por Alex Sampayo sobre un texto da súa propia autoría compartida con Borja F. Caamaño.

O próximo domingo 23 de outubro, o Auditorio Municipal de Ourense, acollerá, a partir das 12:00 h, a estrea mundial do espectáculo A Nena Que Quería Navegar, da compañía de teatro

nena

Redrum, como punto de partida dunha xira que percorrerá os teatros de Galicia na tempada 2016/2017.

Producida co apoio de AGADIC, A Nena Que Quería Navegar é unha comedia familiar que trata de previr situacións de acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima dos rapaces e rapazas. Está protagonizada pola actriz ourensá Laura Míguez e por Guillermo Carbajo. A primeira, coñecida polos seus traballos en series da TVG como Fontealba ou Pazo de Familia, así como polas montaxes da compañía teatral Il Maquinario; Guillermo

Carbajo é coñecido polo público por ter sido “o neno" da serie Pratos Combinados e pola súa participación noutras producións galegas como “Valderrei” ou “Matalobos” e nas anteriores montaxes de Redrum Teatro.

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no sector audiovisual, no que dirixiu series como El Internado ou Padre Casares. Neste momento vén de presentar en varios festivais de todo o mundo a súa ópera prima Schimbare, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Trátase dun proxecto multidisciplinar, posto que o espectáculo vai acompañado dun conto

ilustrado do mesmo nome con debuxos de Rodrigo Chao e que xa está dispoñible en librarías.

Os textos do espectáculo e do conto están asinados por Borja F. Caamaño e Alex Sampayo.

Trátase da sétima produción da compañía compostelá Redrum Teatro, unha compañía fundada en 2009 que xa levou aos escenarios a obra de suspense A Pensión, protagonizada por Rosa Álvarez; os espectáculos infantís “Moito Conto” e “Roedores”; así como as comedias “Curriculum Vitae”, “Amor Flexible” e “Noiteboa”, esta última protagonizada por Ernesto Chao e Mela Casal.