El cableado que tiende una empresa local de telecomunicaciones para dar servicio a sus clientes deja mucho que desear en lo que a estetica visual y en lo que a respeto por los demás negocios se refiere.
Archivo por meses: abril 2016
OURENROCK SOUND FESTIVAL – 3 e 4 XUÑO 2016
Na cidade de Ourense nace un novo festival, o OurenRock Sound Festival, que a “Cidade dos muchachos”, ou tamén coñecida como Bemposta, acollerá os vindeiros 3 e 4 de xuño.
O OurenRock Sound Festival chega con 13 bandas coas que se proporcionará unha gran dose de Punk, Ska, Rock, Metal e Reggae.
Ademáis disto, conta con:
- Acampada gratuita
- Bus lanzadeira
- Postos de comida
- Mercadillo
- Talleres de alfarería
- Sesión vermouth
- Charlas
- Proxección da webserie PIB – Producto Interior BRUTO
- Transporte ata o recinto con Festymas
- Parking gratuito
…E todo por 16€ anticipada, 20€ en taquilla! Un festival 100% galego e con apoio completo á escea galega!
PUNTOS DE VENTA ONLINE: VENTA ONLINE
PUNTOS DE VENTA FÍSICOS:
OURENSE: Peggy Records, Faíscas, Bar Chiripa
ALLARIZ: Fandiño Tapas
VIGO: Tipo Vigo Música Tattoo Piercing
SANTIAGO: A Reixa Tenda
A CORUÑA: Cazuza Orzán, Discos Portobello
LUGO: Don Disco
OFICINAS DE CORREOS DE TODA ESPAÑA
– VENRES 3 DE XUÑO
Costas – Os Festicultores – AcidProyect – 80 Voltios – Bergallazo – Bababoom Soundsystem
– SÁBADO 4 DE XUÑO
Heredeiros da Crus – Dakidarría – Terbutalina – Superoito – Arrhythmia – Konflikto – Xituma Batuke
Contacto para máis información: Correo Electrónico
Unión de Consumidores de Galicia persóase como acusación popular no procedemento xudicial da hepatite C
A Unión de Consumidores de Galicia ven de persoarse como acusación popular no proceso xudicial no que están a ser investigados dous cargos da Consellería de Sanidade da Xunta cos supostos atrasos na prescrición de medicamentos a pacientes con hepatite C.
Esta organización entende que o feitos investigados afectan a un dereito tan fundamental como é o dereito á saúde e o acceso ós tratamentos axeitados; e que a súa intervención, como parte acusadora neste caso, está plenamente xustificada ao tratarse dun caso no que se verían afectados os dereitos dos usuarios e usuarias do servizo público de saúde do noso país.
Como asociación de consumidores representativa en Galicia, UCGAL posúe a lexitimación necesaria para o inicio de accións legais para a defensa dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias. Nun eido tan relevante como o da saúde e en relación cuns feitos de tanta transcendencia, a decisión de persoación resulta obrigada.
O xogo sucio da banca
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) quere alertar ás persoas consumidoras das insistentes prácticas que as entidades financeiras están intensificando nos últimos meses, como intento de paliar os efectos da retirada das cláusulas chan e a previsible restitución das cantidades cobradas en aplicación dun tipo de xuro mínimo.
Esta alerta xustifícase no significativo aumento de consultas que esta organización está a recibir de usuarios con préstamos hipotecarios asinados con cláusulas chan, nas que se manifesta a insistente presión de directores das entidades financeiras co fin de que asinen un acordo de novación das súas hipotecas sobre a base dun tipo fixo xunto coa renuncia a emprender ou continuar calquera acción legal da que dispuxesen ou exercitaran.
Estes feitos sitúanse nun contexto no que as organizacións de consumidores e usuarios están á espera da resolución do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que entrará a valorar a retroactividade dos efectos da declaración de nulidade das chamadas cláusula chan, que previsiblemente obrigará ás entidades a restituír as cantidades desde a sinatura da hipoteca.
A Unión de Consumidores de Galicia quere recordar aos consumidores que está a súa disposición para informar e traballar na defensa dos seus dereitos en canto á recuperación das cantidades aboadas de máis aos bancos en aplicación dun limite mínimo ao tipo de xuro que se recolle nos seus préstamos.
O pasado 14 de abril, publicouse unha sentenza do Tribunal de Xustiza da UE, declarando que os consumidores non poderán ver limitados os seus dereitos nos supostos de interposición de reclamacións individuais.
UCGAL insiste en que as persoas que teñan unha hipoteca que inclúa unha cláusula chan poden plantexar a defensa dos seus intereses e reclamar as cantidades cobradas
Novo Cine – Leiro – Kiki, El amor de hace
El Famoso impuesto al sol, Verdades y Mentiras.
‘Impuesto al sol’: Un ministro de España dispuesto a dimitir por mentir #DimiteYASoria https://t.co/hpdQQOn5jY vía @frenovables
— Carballino.tv (@Carballino_tv) 3 de abril de 2016