Mañá Mercores pola tarde recibimos no local social das Cavadas a Papá Noel; será a partir das 18:30h, acercando a festividade navideña ás parroquias do rural.
O ALCALDE DE PIÑOR OBSTACULÍZALLE O ACCESO Á INFORMACIÓN ÓS CONCELLEIROS.
Se hai unha constante nestes seis meses que leva á fronte do Concello de Piñor o bipartito conformado polo PP e por VP é a falla de transparencia a a obstaculización do labor de fiscalización e control que nos corresponde ós concelleiros conforme á lei.
Como mostra diso está a negativa do alcalde a facilitarnos as copias do estado de execución do presuposto cando se trata dunha documentación á que tén dereito de acceso calquera cidadán. Trátase dunha documentación esencial para poder saber como xestiona o concello o diñeiro que é de todos, saber o que se vai ingresando e o que se vai gastando e en que. Con este comunicado de prensa achegamos a solicitude das copias, a resposta do alcalde onde nos denega as copias -ás que debería poder acceder calquera cidadán- e nos cita para que vexamos unha documentación, cunha gran cantidade de datos numéricos, case un mes despois de tela solicitado pese a que o concello ten que ter eses documentos dende bastante antes de que fixeramos a solicitude. Tamén se achega o recurso que presentamos diante desa comunicación tan arbitraria ou limitadora dos nosos dereitos.
A iso súmase a negativa a poder consultar os expedientes de altas e baixas do servizo de axuda no fogar, algo que nos vimos na obriga de solicitar despois das continuas queixas que nos fixeron chegar os veciños acerca de concesións a dedo dese servizo. As continuas trabas para poder acceder a outros expedientes, chegando a súa desfachatez ata pretender que lle pedísemos permiso para poder acceder ás dependencias do concello.
Ademais de incumplir a Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno tamén incumplen a súa palabra durante a campaña electoral; prometéronlle os veciños que o concello ía ser transparente e ata crearon unha Concellería da Transparencia, que á vista está, deberían de ir pensando en cambiala de nome. Como se ve non tardaron moito os feitos en desmentir as súas palabras.
A BRIGADA DO CONCELLO PÓDALLE UNHA ÁRBORE NA FINCA DO TENENTE DE ALCALDE.
Sorprendidos se quedaron varios vecinos de Piñor que estaban nas inmediacións do centro de saúde cando presenciaron como a brigada do concello entrou nunha finca do tenente de alcalde, e socio de goberno do alcalde, para proceder a podar unha árbore da citada finca.
E sorprendidos nos quedamos os concelleiros do grupo municipal socialista cando nos enteramos do acontecido, polo que diante deste uso de bens públicos en beneficio dun concelleiro do grupo de goberno, temos pensado dirixirnos ó alcalde para pedirlle aclaracións
ó respecto. Queremos saber se foi o alcalde que lle dou a orde á brigada ou se pola contra foi o propio tenente de alcalde. Queremos saber se a brigada do concello vai ter entre os seus cometidos facer traballos particulares para os membros do grupo de goberno ou se ese privilexio se vai estender para todos os concelleiros. De ser así os catro concelleiros do grupo socialista xa anunciamos a nosa renuncia a semellante privilexio. Cando teñamos que podar as nosas árbores ou desbrozar as nosas fincas farémolo cos nosos medios ó igual que o fan o resto de veciños.
Pronto se cumprirán seis meses do cambio de goberno en Piñor e por desgracia ben pronto vemos como se cumpren as nosas previsións: as políticas caciquís, clientelares e oscurantistas volven ser a práctica habitual do Concello de Piñor.